1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a elaboración do Plan de sistemas de información para a modernización do transporte público en Galicia. O plan de sistemas será o marco de referencia para o desenvolvemento de sistemas de información que respondan aos obxectivos estratéxicos da Dirección Xeral de Mobilidade no período 2017-2020.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 13.1.2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 40.134,30 €.
5. Orzamento base de licitación: 48.562,50 € (IVE incluído).
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 23.3.2017.
b) Data de formalización do contrato: 31.3.2017.
c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.
d) Importe de adxudicación: 33.995,00 € (IVE excluído).
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia