De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93758
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 244, do 23 de decembro de 2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.
b) Descrición: servizos de seguridade e vixilancia en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería (área de Cultura): Museo Massó de Bueu, Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra e Biblioteca Pública de Vigo.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 254.545,46 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 1 de marzo de 2017.
b) Data da formalización do contrato: 3 de abril de 2017.
c) Contratista: Alcor Seguridad, S.L.
d) Importe de adxudicación: 239.990,00 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria