O 23 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017094TA-PO contra Ceilidh Robin Hayes, con NIE X3011296K.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Ceilidh Robin Hayes o contido do dito acordo que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1 a) da dita lei.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2 f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 24 de marzo de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 2017094TA-PO.
Denunciado: Ceilidh Robin Hayes, con NIE X3011296K.
Último enderezo coñecido: Torneiros, fase I, bloque 28, 1º C, 36410 O Porriño.
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
Artigo 7: «Prohíbese fumar, ademais de naqueles lugares ou espazos definidos na normativa das comunidades autónomas, en:
b) Centros e dependencias das administracións públicas e entidades de dereito público».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción proposta: trinta euros (30 €).