Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2017/149-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: ret. LMT saída ROS802-03-05-06-08-09-11 Rosal subestación.

Situación: O Rosal.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 en dúas actuacións:

1. 121 metros; orixe: apoio proxectado nº 1 C-9000-20 nas saídas ROS806-809; final: apoio proxectado nº 2 C-3000-16 nas saídas ROS806-809.

2. 49 metros; orixe: apoio proxectado C-7000-16 nas saídas ROS803-805; final: apoio proxectado C-7000-16 nas saídas ROS803-805.

LMTS subterráneas a 20 kV con condutor RHZ, en catro actuacións, con orixe nas novas localizacións da sala de celas de 20 kV no parque da subestación Rosal coas lonxitudes e finais que se indican:

1. 202 metros; final: apoio proxectado C-7000-16 nas saídas ROS803-805.

2. 112 metros; final: empalme proxectado na saída ROS808.

3. 108 metros; final: apoio proxectado C-9000-20 nas saídas ROS806-809.

4. 122 metros; final: apoio existente nas saídas ROS802-811.

A instalación está situada na zona de estrada da Pousa, O Rosal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra