Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o documento para o procedemento de revisión de oficio da autorización ambiental integrada para a planta de produción de alumina situada no complexo industrial de San Cibrao, nos concellos de Xove e de Cervo, cuxo titular é Alúmina Española, S.A. (expediente 2015-IPPC-M-98).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto de solicitude: ampliación límite de vertedura. Alúmina Española, S.A. Novembro 2016.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Expediente: 2015-IPPC-M-98.

Titular: Alúmina Española, S.A.

Domicilio social: rúa de Pedro Teixeira, 8, 28046 Madrid.

Instalación: planta de produción de alumina.

Localización da instalación: concellos de Cervo e de Xove (Lugo).

Actividade: produción de alumina mediante o proceso Bayer.

Procedemento: revisión de oficio (artigo 26.4.c) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación).

Descrición: incremento temporal do caudal e dos límites de vertedura de fluoruros por un período de 3 anos, co obxecto de lograr as condicións de operación e de deseño para a clausura do depósito de lodos vermellos.

Vertedura: ría de Viveiro.