Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a primeira instalación de agricultores/as mozos/as (expediente 15/50085/13).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para para a primeira instalación de agricultores/as mozos/as.

As persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada dispón dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos considere pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e documentos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 15/50085/13 de axuda para a primeira instalación de agricultores/as mozos/as.

Interesada: Ester Vilarnovo García.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Pérez Villamil, 40, 4º, 15403 Ferrol (A Coruña).