Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18396

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 14 de xuño de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016 e 2017.

De conformidade co disposto no artigo 18.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 14 de xuño de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016 e 2017.

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto a posta en funcionamento de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, así como a normativa de desenvolvemento, se for o caso.

Norma reguladora: Orde do 14 de xuño de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016 e 2017.

Crédito orzamentario: dous millóns trescentos corenta e tres mil catrocentos sesenta e oito euros (2.343.468 €) con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.781.0. distribuído en dúas anualidades, correspondendo cincocentos oitenta e cinco mil oitocentos sesenta e sete euros (585.867 €) ao ano 2016 e un millón setecentos cincuenta e sete mil seiscentos un euros (1.757.601 €) ao ano 2017.

As entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas a cada unha delas, expresado en euros, recóllense no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Número expediente

Entidade solicitante

Importe axuda

BS403-1

Fundación Parque Científico Tecnológico Río do Pozo

200.000 €

BS403-2

Asociación de empresas do polígono industrial da Tomada

200.000 €