De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, que se sinalan no anexo deste anuncio, o Acordo do 3 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, no cal se sinala o día 3 de maio de 2017, ás 10.30 horas, na Casa do Concello de Palas de Rei, como lugar de convocatoria para o pagamento do prezo xusto dos predios situados nese concello.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 4 de abril de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesado |
Polígono |
Parcela |
Concello |
Elena Viña Vázquez |
65 |
624 |
Palas de Rei |
Descoñecido |
65 |
632 |
Palas de Rei |