Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Ramiro Martínez, S.L.
Domicilio social: Sestelo, 1, Baión, 36620 Vilanova de Arousa.
Denominación: fotovoltaica en Vilanoviña.
Situación: Meis.
Características técnicas:
Instalación solar fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 343,23 kWp. A instalación consta de 1.346 módulos e 6 inversores de 50 kW de potencia cada un, instalada sobre a cuberta dunha nave industrial e ocupando unha superficie de 4.700 metros cadrados.
A instalación está situada en Vilanoviña, Meis.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 28 de marzo de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra