Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para turismo enolóxico en Pousada, no concello de Boqueixón, promovido por Nieves Millán Guzmán e Moisés Rodríguez Rodríguez (expediente 2017AAE2002, código 1902/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 30 de marzo de 2017, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para turismo enolóxico en Pousada, no concello de Boqueixón, promovido por Nieves Millán Guzmán e Moisés Rodríguez Rodríguez.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático