Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2011/00562 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio dos interesados sen poder practicala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 22 de marzo de 2017

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2011/00562

Érika García Rodríguez

47368916W

AC-2011/00733

María Marta Angulo Gómez

32790175H