Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 16 de marzo de 2017 polo que se fai pública a resolución da concesión dunha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público.

En cumprimento do establecido na base décima da Resolución do 1 de decembro de 2016 (DOG núm. 235, do 12 de decembro), faise pública a Resolución do 15 de marzo de 2017 da concesión dunha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público:

Resolución do 15 de marzo de 2017 pola que se aproba á proposta da comisión de avaliación dos candidatos para a adxudicación dunha bolsa de formación na área de ciencia económica no sector público.

A Escola Galega de Administración Pública convocou, mediante Resolución do 1 de decebro de 2016 (DOG núm. 235, do 12 de decembro), unha convocatoria para unha bolsa de formación na área de ciencia económica. Examinada a proposta da comisión de avaliación dos candidatos para a súa adxudicación,

DISPOÑO:

1. Adxudicar a citada bolsa a Lorena Alonso Súarez de acordo co previsto na base novena da resolución, por ser a candidata que lle corresponde por orde de puntuación. A efectividade da bolsa será desde a data da súa incorporación ata o 31 de decembro de 2017.

2. Recordarlle á beneficiaria que, unha vez recibida a presente notificación de concesión da bolsa, disporá dun prazo de dez días para comunicar á Escola Galega de Administración Pública a súa aceptación ou renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa por parte da beneficiaria, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, a candidata seleccionada deberá incorpore ao desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que a beneficiaria non se incorporase neste prazo, ou que renuncie expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa (base décima).

3. Contra esta resolución poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co establecido no artigo 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública