Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18294

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Inda Iniciativas de Desenvolvemento Sostible, S. Coop. Galega

ANUNCIO do acordo de transformación de cooperativa en sociedade limitada.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, sobre transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea de socios traballadores de Inda Iniciativas de Desenvolvemento Sostible, S. Coop. Galega, desenvolvida o pasado día 16 de marzo de 2017, acordou por unanimidade a transformación da citada sociedade cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa nova denominación de Inda Iniciativas Sociedad Limitada, sobre a base do balance de situación cerrado para tal efecto o día 15 de marzo de 2017, igualmente aprobado pola Asemblea. 

Culleredo, 16 de marzo de 2017

Roxana Topciov
Administradora única