Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no solo rústico de protección de costas e no núcleo rural de Imo, concello de Dodro (expediente 2016AAE1989; código 1889/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de marzo de 2017, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, no solo rústico de protección de costas e no núcleo rural de Imo, concello de Dodro.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático