Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de abril de 2017 pola que se notifica proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-35-17-39.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado mediante Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a posta de manifesto dos documentos que constan no procedemento, nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos no Edifificio de Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, a fin de que poidan obter copia dos que estimen convenientes, concedéndolle así mesmo un prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que consideren pertinentes ante o instrutor.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-35-17-39

0262-DLJ

Gardapeiraos

José Manuel Loureiro Pérez

R/ Do Campo, nº 31

36640 Pontecesures (Pontevedra)

Estacionamento prohibido.

2.11.2016; 11.43 horas; Corbaceiras (Pontevedra)

Art. 306.1 a) RDL 2/2011 TRLPEMM

Arts. 17 e 64

OM 12.6.1976

Art. 312 RDL 2/2011 TRLPEMM

90 €