Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18083

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, con procedemento aberto, para a contratación do servizo de deseño, produción, construción e instalación (incluída a montaxe e desmontaxe) da exposición In tempore sueborum.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de deseño, produción, construción e instalación (incluíndo montaxe e desmontaxe) da exposición In tempore sueborum, cun tipo de licitación de 120.000 € (IVE incluído). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02, ou na páxina web da Deputación www.depourense.es.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 28 de marzo de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense