Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente de extinción dunha concesión temporal de carácter experimental.

Mediante Resolución do 14 de marzo de 2017, a conselleira do Mar acordou o inicio do procedemento de extinción da concesión temporal de carácter experimental que lle foi outorgada á sociedade Ameixa de Carril, S.L., por Resolución do 18 de setembro de 2008.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á sociedade Ameixa de Carril, S.L. (B-36282853), con último enderezo coñecido en Punta Preguntoiro, 20, Vilaxoán, o acordo antes referido.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro deste acordo e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica