Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento BS210A/LU-0000036038 e un máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados para seren notificados dos requirimentos emitidos polo xefe de servizo nos procedementos instados polos interesados relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Estes requirimentos outorgan aos interesados un prazo de dez (10) días para a emenda das súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que os interesados desisten da súa solicitude, ao abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e procederase ao arquivamento do expediente logo de resolución ditada nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os interesados poderán comparecer para ter coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Lugo, 15 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/proced. BS210A

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000036038

Purificación Cabana Mejuto

(33585354-H)

Requirimento de emenda da solicitude

3.1.2017

LU-0000036172

José Manuel Loureiro Asenjo

(35230328-D)

Requirimento de emenda da solicitude

30.1.2017