Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación da instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos (vending) nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, documentalmente simplificada e contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 29 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal e rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=138391

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2017-XUCON 01-PL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos (vending) nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de execución: nos indicados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: dous anos contados desde o día seguinte ao da data da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por dous anos máis como máximo.

g) CPV: 55400000-4 servizos de subministración de bebidas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon mínimo de licitación.

Ano

Canon vending

2017

2018

2019

3.600,00 €

7.200,00 €

3.600,00 €

Total

14.400,00 €

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se require.

Definitiva: o importe equivalente ao 5 % do total do canon ofertado polo adxudicatario para os dous anos de vixencia do contrato.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o decimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado no alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de Publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza