Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas de información de xestión de gandaría, agricultura, industrias agroalimentarias e de fondos europeos agrícolas da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0030).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0030.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é obxecto deste contrato o servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas que dan soporte á competencias da Xunta de Galicia en materia de gandaría, agricultura, industrias agroalimentarias e de xestión de fondos europeos agrícolas.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato, estimado o 9.10.2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e harmonizado.

4. Valor estimado: 3.968.783,06 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: 2.300.743,80 €, máis 483.156,20 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.783.900,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2017: 259.206,61 € máis IVE (54.433,39 €) = 313.640,00 €.

• 2018: 1.150.371,90 € máis IVE (241.578,10 €) = 1.391.950,00 €.

• 2019: 891.165,29 € máis IVE (187.144,71 €) = 1.078.310,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=145799

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: ver a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 18.5.2017, de acordo ao establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7.4.2017.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia