Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 5 de abril de 2017, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de contratación do servizo de redacción do proxecto de expropiacion e construción de beirarrúas con carril bici na avenida de Europa (expediente 9403/407).

1. Entidade adxudicadora: Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo. Servizos centrais. Nº de expediente 9403/407.

2. Obxecto do contrato: –.

3. Tramitación e procedemento:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 45.000,00 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 03 46. Fax: 986 22 47 80. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económico-financeira e técnica conforme os pregos e equipo técnico composto por equipo de topografía, enxeñeiro/s proxectista/s especializado/s, equipo de delineación, responsable do proxecto especializado en urbanizacións/infraestruturas, técnico de xardinaría, técnico en prevención de riscos laborais e coordinador (cabe acumulación de funcións).

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará o décimo quinto día natural seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Documentación: a exixida no número 7 da folla de especificacións do contrato do prego de condicións administrativas. Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo (praza do Rei, s/n, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou nas formas previstas na cláusula 12ª).

9. Apertura das ofertas técnica e económica (entidade, domicilio e localidade): véxase o punto 6 do anuncio (a data e hora anunciaranse no perfil do contratante).

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 5 de abril de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo