Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros, do concello do Porriño.

Unha vez emitido informe favorable sobre a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros, concello do Porriño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar o día 19 de xuño de 2017 ás 16.30 horas para o comezo das operacións de apeo, que empezarán no quilómetro 4 da estrada PO-331, O Porriño-Gondomar, parcela catastral 350 do polígono 12 (Poliester Porriño, S.L.).

Emprázanse os lindeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer, para presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no Local Social da Comunidade de Montes, A Ribeira, s/n, Torneiros, O Porriño.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 24 de marzo de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra