Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0067/2016-VNA e once máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 30 de marzo de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0067/2016-VNA.

Denunciada: Construcciones Rodríguez Barros, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0131/2016-IO.

Denunciada: Mª Esther Rodríguez Lago.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0155/2016-BIO.

Denunciado: Miguel Tenorio Gallego.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0172/2016-VNA.

Denunciado: Marcos Gabriel López López.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0025/2017-BIO.

Denunciada: Joaquina Martínez Fortes.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SPA-PO-0001/2017-CU.

Denunciada: Comporense, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0065/2016-IA.

Denunciado: Cristian Míguez Bravo.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0049/2016-CSA.

Denunciado: Gerardo Barreiro Crujeiras.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0051/2016-CSA.

Denunciada: Meisan Instalaciones, S.L.N.E.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0060/2016-CSA.

Denunciada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0061/2016-CSA.

Denunciada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0010/2017-IO.

Denunciada: Meisan Instalacións, S.L.N.E.

Acto de notificación: acordo de incoación.