Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, do servizo de educación en materia de consumo na Escola Galega de Consumo (expediente 2/2017 IGC).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: 981 54 53 91 (consultas administrativas), 881 99 90 91 (consultas técnicas).

5º. Telefax: 981 54 45 98.

6º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=133654

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2/2017 IGC.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: servizo de atención de educación en materia de consumo na Escola Galega de Consumo, adscrita ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: será de 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 98390000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 7.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea A do seu cadro de criterios de adxudicación do contrato.

4. Valor estimado do contrato: 140.688 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 70.344 euros (IVE excluído). IVE: 14.772,24 euros. Importe total: 85.116,24 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea F do seu cadro de características.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia