Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17197

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación das obras de restauración das cubertas da cabeceira da Catedral de Santiago de Compostela.

Orzamento de contrata: 1.343.807,49 euros (IVE incluído).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría E.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter contactando coa Fundación Catedral de Santiago de Compostela (teléfono: 981 56 93 27) ou ben consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratación, previa acreditación da empresa e abono de 100 euros. O prazo de presentación das ofertas será de vinte e seis (26) días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela