Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17037

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de marzo de 2017 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Quelqum Formación Profesional, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

A representante de Quelqum Servicios para Empresas, S.L. solicita a apertura e funcionamento do centro privado Quelqum Formación Profesional, de Santiago de Compostela, para impartir o ciclo formativo de grao superior de Márketing e publicidade.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado Quelqum Formación Profesional, co que o centro configurado queda como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Quelqum Formación Profesional.

Código do centro: 15033061.

Domicilio: Severino Riveiro Tomé, 9, baixo.

Código postal: 15702.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Quelqum Servicios para Empresas, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

1 ciclo formativo de grao superior de Márketing e publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria