Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17076

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de marzo de 2017 pola que se regula o período de prácticas dos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Orde do 18 de maio de 2015.

Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 66, do 4 de abril de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

No punto cuarto, na páxina 16017, onde di: «O período de prácticas comezará o día 24 de abril de 2017 e rematará o día 23 de xuño de 2017», debe dicir: «O período de prácticas comezará o 17 de abril e rematará o día 16 de xuño de 2017».