Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto unicriterio, tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, por lotes separados, do contrato de obras de reparación interior de vivendas, na rúa Ribeira Sacra, 15-17-21, A Coruña (expediente C-2016/REP 02).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reparación en vivendas e edificios propiedade do IGVS na Coruña.

b) Prazo de execución: o prazo será dun mes para a tramitación da licenza ou autorización municipal máis o prazo de execución da obra indicado na epígrafe R do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) (lotes 1, 2, 3, 5, 6, 7, e 8 = 1 mes; lote 4 = 1,5 meses).

No caso de adxudicación de máis dun lote, os prazos serán os seguintes:

De 1 a 4 lotes: o prazo total será o do lote individual de maior prazo.

De 5 a 8 lotes: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio, por lotes separados.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cincuenta e sete mil cento noventa e tres euros con cincuenta e nove céntimos (57.193,59 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): doce mil dez euros con sesenta e cinco céntimos (12.010,65 €).

c) Importe total: sesenta e nove mil douscentos catro euros con vinte e catro céntimos (69.204,24 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación de cada lote (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: segundo o establecido no PCAP.

7. Obtención de documentación: os PCAP e o prego de prescricións técnicas polos cales se rexe a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=136851 e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas: as proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o acto público de apertura do sobre B (documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, no lugar e data que serán anunciados con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio: o importe do anuncio será por conta do/dos adxudicatario/s rateándose por lotes.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo