Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para este efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

A Coruña, 17 de marzo de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 6/2017.

Interesado: De Faria de Freitas, Moisés Jesús (representante legal).

DNI: 14986020.

Derradeiro enderezo coñecido. avenida Quiroga Palacios, nº 16, Santiago de Compostela.

Nº expediente: 7/2017.

Interesada: Pérez Alarcón, Nilza (representante legal).

DNI: 49669731N.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Laverde Ruíz, nº 5, piso 1º C, Santiago de Compostela.

Nº expediente: 189/2017.

Interesada: Martínez Cadena, Madilyn.

PAS: SC6724719.

Derradeiro enderezo coñecido: rolda Outeiro, nº 176, piso 6º D, A Coruña.