Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 6 de marzo de 2017, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Cedeira, por parte da Confraría de Pescadores de Cedeira, con destino á ocupación de edificación para a explotación de fábrica de xeo e cámaras frigoríficas.

Lucía Villar Martínez, actuando en nome e representación da Confraría de Pescadores de Cedeira, presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Cedeira con destino á ocupación de edificación para a explotación de fábrica de xeo e cámaras frigoríficas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de marzo de 2017

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia