Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baralla

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, mediante procedemento de taxación conxunta, da obra de mellora da rúa Ánxel Fole, treito: praza Maior-centro de saúde.

O Pleno, na sesión que tivo lugar o día 31 de marzo de 2017, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, mediante procedemento de taxación conxunta, da obra de mellora da rúa Ánxel Fole, treito: praza Maior-centro de saúde, e facer as publicacións e notificacións regulamentarias.

Consonte o disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción no Diario Oficial de Galicia, para que aquelas persoas que puidesen resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O expediente pode consultarse nas oficinas municipais do Concello de Baralla, sitas na rúa Evaristo Correa Calderón, nº 48, das 8.30 ás 14.30 horas.

Para xeral coñecemento e para os efectos das alegacións oportunas no dito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos que se van expropiar:

Referencia catastral

Propietario (nome e apelidos)

Superficie total (m2)

Superficie afectada (m2)

3105201PH4530N0001TQ

Arias Rodríguez, María

1.174

97,70

2906207PH4520N0001PB

Iravedra Fernández, Inés

322

8,80

2906208PH4520N0001LB

Núñez Fernández, Luz

2.306

82,25

2906209PH4520N0001TB

Sánchez Rodríguez, Amador

529

2,50

2803411PH4520S0001BT

Gómez Montero, Francisca de Asís

856

4,20

2906213PH4520N0001FB

López Fernández, Luis

243

23,50

2906215PH4520N0001OB

López Fernández, Carlos

216

24,10

2906234PH4520N0001AB

Mourín Vázquez, Severino

367

35,20

2906217PH4520N0001RB

Mourín Vázquez, Severino

350

10,00

2705401PH4520N0001ZB

Pinacho Bolaño

3.145

188,40

2705408PH4520N0001GB

Otero López, Enrique

371

38,70

2703301PH4520S0001UT

Construcciones y Promociones San Vitorio, S.L.

5.200

95,10

2705904PH4520N0001UB

Vázquez Neira, María Gloria

62

27,70

2703323PH4520S0001DT

Fernández Fernández, Francisco

624

7,80

2605911PH4520N0001BB

Pérez Núñez, Alicia

553

9,20

2605912PH4520N0001YB

Fernández Lago, David

441

13,00

2605936PH4520N0001UB

Rodríguez Vilela, Manuel

372

12,30

2605914PH4520N0001QB

Díaz Díaz, Domingo Antonio

742

14,60

2605915PH4520N0001PB

Fernández Núñez, Mercedes

923

8,25

Baralla, 3 de abril de 2017

Manuel Jesús González Capón
Alcalde