Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0884/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0884/2016-PPM e dous máis

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 22 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0884/2016-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Puente Marrozos.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vila de Cee, 14, 3º D, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0130/2016-PPM.

Persoa interesada: Jesús Freire López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: A Pedreira, 35, Caión, A Laracha.

Expediente: PSC-CO-0784/2016-PPM.

Persoa interesada: Jesús Manuel Muñiz Rey.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Pablo Iglesias, 31, 4º A, Boiro.