Expediente: IN407A 2017/029-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS CTC rúa Curros Enríquez, nº 1.
Concello: Mugardos.
Características técnicas:
– Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,190 km, con orixe e final en empalmes que se realizarán en punto de acceso á rede proxectado na calzada, na LMTS VDC-712, no tramo entre o CT Cristo nº 2 (expediente 458/08), e o CT Academia (expediente 27.632), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 12×20 KV 1×240 mm2 AI, despois de facer entrada e saída no CT.
– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 14 de marzo de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña