Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16639

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar.

1. Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do 22 de marzo de 2017, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) o servizo de mantemento da rede océano-meteorolóxica de Galicia.

Actividade: servizo de mantemento da rede oceano-meteorolóxica de Galicia, de conformidade cos requirimentos técnicos e administrativos que figuran no texto da encomenda.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Fundación Cetmar a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico.

Prazo de vixencia: os traballos encomendados comezarán o día da sinatura da encomenda, é dicir, o 22 de marzo de 2017, e o prazo máximo de finalización destes é o 31 de decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio