Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de asesoramento á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para a redacción da documentación preparatoria dos Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUX) dos parques naturais Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Monte Aloia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=141827

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2/2017 CN.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de asesoramento á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para a redacción da documentación preparatoria dos Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUX) dos parques naturais Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Monte Aloia.

c) División por lotes e número: si, 5 lotes: apartado 1.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: apartado 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e apartado 8.1 do seu cadro de características.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no apartado 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e apartado 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 200.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 200.000,00 €. Importe total: 242.000,00 €.

Lote 1. Importe neto: 40.000,00 €. Importe total: 48.400,00 €.

Lote 2. Importe neto: 50.000,00 €. Importe total: 60.500,00 €.

Lote 3. Importe neto: 40.000,00 €. Importe total: 48.400,00 €.

Lote 4. Importe neto: 40.000,00 €. Importe total: 48.400,00 €.

Lote 5. Importe neto: 30.000,00 €. Importe total: 36.300,00 €.

Esta contratación se financia polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación encádrase no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos», prioridade de investimento 06.04 «Protección e restauración da biodiversidade e do solo e fomento dos servizos dos ecosistemas, incluído a través de Natura 2000 e de infraestruturas ecolóxicas», obxectivo específico 06.04.01 «Fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, incluíndo medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica».

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do importe de adxudicación de cada lote, excluído o IVE).

7. Subcontratación: de acordo co establecido no apartado 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no apartado 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no apartado 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en sábado ou día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no apartado 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura do sobre B.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio