Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de marzo de 2017, da Área Provincial de Tursimo de Ourense, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da Inspección da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 27 de marzo de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Restaurante Oeste.

Titular: Complejo Hostelero Oeste, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, 171.

Concello: A Rúa.

Establecemento: Pensión Oeste.

Titular: Complejo Hostelero Oeste, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, 171.

Concello: A Rúa.

Establecemento: Café-Bar Oeste.

Titular: Complejo Hostelero Oeste, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, 171.

Concello: A Rúa.

Establecemento: Cafe-Bar Máis que Tapas en Outariz.

Titular: Aspanas Termal, S.L.U.

Enderezo: Zona Termal Outariz.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafe-Bar A Tasca.

Titular: Rofe Happy International Events of Stars.

Enderezo: rúa Benito Fernández, 8.

Concello: A Rúa.

Establecemento: Café-Bar Montadito.

Titular: José María Rodríguez Salgado.

Enderezo: rúa Luna, 4.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafe-Bar Pub Donald.

Titular: José Antonio Otero e José Antonio Vázquez, S.C.

Enderezo: rúa Luna, 2.

Concello: Ourense.

Establecemento: Camping de Untes.

Titular: Aspanas Termal, S.L.U.

Enderezo: Untes, Santo Estevo.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Cubitos.

Titular: José Gómez Pérez y Juan Novoa Mira, S.C.

Enderezo: rúa Luna, 6.

Concello: Ourense.