Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica a interesada para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, ditada no expediente sancionador OU-9/15 en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do 23 de abril de 2016 en materia de xogo.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela.

Indicáselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación a interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente: Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, ditada no expediente sancionador OU-9/15 en materia de xogo.

Recorrente: Asociación de Minusválidos Orensanos (Asmior).

Acto de notificación: requirimento de acreditación da representación no recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente anteriormente citado.

Último domicilio coñecido: rúa do Progreso, 64, local 16, 32003 Ourense.