Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) da concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei).

En cumprimento do disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (http://www.mediorural.dxeraldesenvolvemento@xunta.gal).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural