Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente IN635C 2017/12-2 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 27 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

CIF/NIF

Núm. de expediente

Acto que se notifica

Montajes Eléctricos Eijo Arias, S.L.

B27309509

IN635C 2017/12-2

Iniciación de expediente sancionador

Nadeiros, S.L.

B27424886

IN635A 2017/28-2

Resolución