Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2017/100-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avda. de Pontevedra, 14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS derivación Caldelas.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1, de 450 metros de lonxitude, con orixe no CST Cuñas e final na arqueta Q existente, onde se empalma coa liña subterránea existente que chega ao CT Caldelas. A instalación está situada no lugar de Caldelas, Ponte Caldelas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Ponte Caldelas; referencia catastral: 36043A01201096; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cuñas; afección: 755,68 m2 de solo correspondentes a 153,7 metros lineais de liña subterránea.