Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00179-O-2017 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-00179-O-2017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 16 de marzo de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00179-O-2017

2313-JRH

Trans Sum y Ser, S.L.

B47706429

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas) Máis de 90 horas ata 100 horas.

26.9.2016; 13.23.00; AP-9F; 25,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00183-O-2017

2313-JRH

Trans Sum y Ser, S.L.

B47706429

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

26.9.2016; 13.25.00; AP-9F; 25,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00184-O-2017

2313-JRH

Trans Sum y Ser, S.L.

B47706429

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

26.9.2016; 13.27.00; AP-9F; 25,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00185-O-2017

2313-JRH

Trans Sum y Ser, S.L.

B47706429

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

26.9.2016; 13.31.00; AP-9F; 25,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00447-O-2017

5629-FWL

Gimeno Serra, Enrique

73909773D

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

13.10.2016; 19.27.00; N-634; 709,5

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-02122-O-2016

9473-CBT

Transcoruña, S.L.

B15743560

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

14.7.2016; 12.31.00; N-550; 33,9

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-02833-S-2016

7919FPG

Mundicaribe

Distribuciones, S.L.

B70352455

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

21.9.2016; 18.45.00; AC-164

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

801 euros