Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16146

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 3 de abril de 2017 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

As denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas foron creadas como instrumentos para protexer e promover as producións de calidade propias de determinados territorios e son, polo tanto, elementos importantes para o desenvolvemento rural. Están reguladas actualmente mediante diversa normativa europea, que trata de dar un enfoque común en todo o territorio da Unión aos diferentes réximes de calidade. A estes réximes de calidade habería que unir tamén o constituído pola produción ecolóxica, o cal tamén é obxecto de regulación mediante normativa europea.

A escala autonómica, a regulación destes indicativos de calidade realizouse mediante a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, que a desenvolve.

A dita normativa autonómica regula a figura dos consellos reguladores como corporacións de dereito público aos cales se atribúe a xestión da denominación, para o que actúan con autonomía económica e plena capacidade de obrar. A tutela administrativa sobre cada consello regulador exércea a consellería competente en razón da natureza do produto de que se trate, agraria ou mariña.

Esta normativa autonómica establece tamén que os órganos de goberno dos consellos reguladores deben renovarse cada catro anos e que é competencia da consellería que exerce a dita tutela a realización da correspondente convocatoria, aínda que aos consellos reguladores corresponde a organización do proceso de acordo con principios democráticos e respectando as normas básicas do réxime electoral que se recollen no capítulo VI do citado Decreto 4/2007.

O último proceso electoral no relativo aos produtos do sector agroalimentario –e, polo tanto, competencia da Consellería do Medio Rural–, desenvolveuse tras a publicación da Orde do 22 de febreiro de 2012, da entón Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se convocaron eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón, dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega, Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago e Pemento do Couto e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Logo da toma de posesión dos vogais electos destes dezasete consellos reguladores e da elección por eles das persoas que ían ocupar a presidencia e a/as vicepresidencia/s de cada consello regulador, o proceso culminou coa aprobación da orde da consellería pola que se procedía ao seu nomeamento, que foi publicada no DOG do 6 de xullo de 2012.

Por outra parte, na citada convocatoria do ano 2012 non foron incluídos os consellos reguladores das denominacións de orixe Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro nin o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Lacón Gallego. Para estes, a última convocatoria electoral foi a realizada mediante a Orde do 3 de agosto de 2007. Estes consellos reguladores non foron incluídos na convocatoria de 2012 debido a que daquela aínda non adaptaran os seus respectivos regulamentos ao contido da citada Lei 2/2005, do 18 de febreiro, e do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Así mesmo, cómpre indicar que desde a celebración do proceso electoral de 2012 constituíronse tres novos consellos reguladores que xestionan as indicacións xeográficas protexidas Pemento da Arnoia, Pemento de Oímbra e Pemento de Mougán. Os órganos de goberno destes consellos reguladores teñen, conforme o establecido no citado Decreto 4/2007, o carácter de provisionais e o seu mandato durará ata a toma de posesión dos órganos que resulten dos procesos electorais, que se deben celebrar unha vez iniciada a actividade do consello regulador e logo de que todos os interesados en participar na correspondente denominación puidesen tramitar a súa alta.

De acordo co exposto nos parágrafos anteriores é necesario realizar a convocatoria electoral para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores do ámbito agroalimentario, o cal é o obxecto desta orde. Porén, nesta convocatoria exclúense catro dos vinte e cinco consellos reguladores constituídos actualmente, os das indicacións xeográficas protexidas Pemento de Oímbra, Pemento de Mougán, Lacón Gallego e Ternera Gallega. Os dous primeiros exclúense porque se trata dos constituídos máis recentemente e que funcionan como órganos provisionais encargados de poñer en marcha estas indicacións xeográficas. O número de inscritos aínda é baixo e parece aconsellable manter por un tempo os órganos actuais ata acadar un maior número de inscritos que permita convocar eleccións.

Polo que se refire ao Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Lacón Gallego, trátase do único que aínda non adaptou o seu regulamento ás especificacións da normativa autonómica citada, polo que mantén a súa natureza xurídica de órgano desconcentrado da Administración carente de personalidade xurídica de seu. Este feito, unido á necesidade de realizar determinados cambios na súa normativa reguladora, aconsella adiar este proceso, cuestión que foi solicitada polo dito consello regulador.

Por último, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega está actualmente liderando o proceso para o rexistro dunha nova indicación xeográfica que servirá para protexer a carne de vaca e de boi de Galicia. A previsión é que esta nova indicación xeográfica protexida comece a súa actividade durante este mesmo ano 2017 e que sexa xestionada conxuntamente coa IXP Ternera Gallega mediante un consello regulador común, o Consello Regulador da Carne de Vacún de Galicia. Este novo consello regulador substituirá o actual Consello Regulador da IXP Ternera Gallega e subrogarase nos dereitos e obrigas deste. O Pleno do Consello Regulador da IXP Ternera Gallega solicitou expresamente non entrar nesta convocatoria e comunicou a súa intención de propoñer a constitución dun consello regulador provisorio cuxo pleno estaría formado polos actuais vogais do Consello Regulador da IXP Ternera Gallega aos cales se unirían dous vogais máis en representación do sector do vacún maior, un da produción primaria e o outro en representación dos establecementos industriais. Este consello regulador provisorio funcionaría o tempo necesario para poñer en marcha a nova IXP Vaca e Boi de Galicia, de acordo coa mecánica que establece o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Como se indicou anteriormente, o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, regula no seu capítulo VI o réxime electoral dos consellos reguladores. Nel establécese que os consellos reguladores se rexerán, nos seus aspectos básicos, polas normas comúns que figuran na súa sección primeira. Ademais, na sección segunda do dito capítulo VI recóllense outras normas electorais complementarias, de aplicación aos consellos reguladores que non establezan normas específicas nos seus regulamentos que as substitúan. Dado que ningún dos regulamentos dos consellos reguladores que se convocan establece disposicións específicas no relativo ao réxime electoral –remitíndose este réxime en todos eles ao contido nas seccións primeira e segunda do dito capítulo VI do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro–, serán as normas recollidas neste decreto as aplicables aos procesos electorais que se convoquen para estes órganos.

Polo tanto, cómpre realizar a convocatoria de eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa, Cebreiro e Pemento de Herbón, dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto e Pemento da Arnoia, e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Por outra parte, é necesario prorrogar o mandato dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Lacón Gallego. Por todo o anterior, logo da audiencia dos consellos reguladores afectados e no uso das facultades que me confire o citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria

De acordo co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, mediante esta orde convócanse eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa, Cebreiro e Pemento de Herbón, dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto e Pemento da Arnoia, e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Artigo 2. Calendario electoral

O calendario electoral será o que se recolle como anexo I desta orde.

Os prazos deste calendario para a presentación de escritos, reclamacións e recursos, cando están sinalados por días, entenderanse días naturais, e expirarán ás 14.00 horas do derradeiro día do prazo. O lugar de presentación será a sede do correspondente consello regulador ou a da Xunta Electoral, segundo quen deba coñecelos, excepto a presentación de reclamacións sobre os censos, que poderá facerse, ademais de na sede do correspondente consello regulador, nos lugares sinalados de exposición destes. Neste caso, os interesados deberán remitir ao consello regulador correspondente por fax ou correo electrónico, no mesmo día, unha copia da reclamación presentada. Para estes efectos, os consellos reguladores darán publicidade, xunto cos censos, do número de fax e/ou do enderezo electrónico a que se poderá enviar a reclamación.

A sede da Xunta Electoral será a que se especifica no artigo 3 desta orde.

Artigo 3. Xunta Electoral

1. Conforme o disposto no artigo 41 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, constituirase unha única Xunta Electoral para as eleccións aos vinte e un consellos reguladores, con sede nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, no Complexo Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

2. A Xunta Electoral estará presidida pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, que terá como suplente a subdirectora xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

3. A Xunta Electoral estará integrada ademais por:

– Tres funcionarios/as dos grupos A1 ou A2 da Consellería do Medio Rural ou dos seus organismos e entes dependentes.

Suplentes: tres funcionarios/as cos mesmos requisitos que os/as titulares.

– Secretario/a: un/unha funcionario/a do grupo A1, licenciado/a en dereito, da citada consellería ou dos seus organismos e entes dependentes.

Suplente: un/unha funcionario/a cos mesmos requisitos que o/a titular.

– Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego máis representativas, entendidas estas como as organizacións representativas dos operadores do sector agrario legalmente constituídas de acordo coa Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, ou de acordo coa Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e con representación no Consello Agrario Galego (censos A).

– Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais dos sectores industriais implicados (censos B e D).

– Dous representantes, como máximo, das cooperativas dos sectores implicados ou das súas asociacións (censos C).

4. Unha mesma organización profesional agraria, asociación empresarial ou entidade cooperativa ou asociación destas non poderá ter máis dun representante.

Artigo 4. Presentación de candidatos para a Xunta Electoral e designación

1. O proceso electoral dará comezo o día 5 de abril. No prazo dos seis días naturais seguintes á dita data, as organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais e cooperativas e as súas asociacións, relacionadas coa actividade das denominacións de calidade para as cales se convocan eleccións, poderán presentar candidatos/as a vogais da Xunta Electoral. As candidaturas conterán un membro titular e un suplente.

2. A presentación de candidaturas farase na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Consellería do Medio Rural (no Complexo Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela), mediante solicitude acompañada da documentación requirida no artigo 42 do Decreto 4/2007 citado. Ademais, para avaliar a súa representatividade, no caso das asociacións representativas do sector industrial e do sector cooperativo e no das cooperativas de segundo e ulterior grao, presentarase unha certificación coa relación de asociados que están inscritos nalgunha das denominacións de calidade para as cales se convocan eleccións, especificándose as denominacións nas que están inscritos.

3. No suposto de organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais ou cooperativas e as súas asociacións integradas noutras de ámbito superior, aquelas unicamente poderán presentar candidaturas se estas non o fixesen.

4. O día 19 de abril de 2017 procederase á designación dos membros da Xunta Electoral. A designación de todos eles, titulares e suplentes, será realizada mediante resolución da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Na dita designación teranse en conta a formación académica e a experiencia dos candidatos e candidatas, así como, no caso das persoas representantes de asociacións empresariais e cooperativas e as súas asociacións, o grao de implantación destas no sector da actividade da correspondente denominación de calidade, medido este en función do número de socios inscritos, número de distintas denominacións a que pertencen e o volume de produción certificada comercializada de acordo cos datos do correspondente consello regulador.

5. Contra a dita designación poderase interpor, con data límite do 21 de abril de 2017, recurso perante a conselleira do Medio Rural, que resolverá como máis tarde o día 26 de abril de 2017. O dito recurso será presentado nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Consellería do Medio Rural.

6. Tanto a designación dos membros titulares e suplentes da Xunta Electoral en representación dos diferentes sectores como, de ser o caso, a resolución dos recursos que se interpoñan contra a dita designación, será notificada no enderezo electrónico autorizado pola organización propoñente para os efectos da recepción das comunicacións segundo o previsto no artigo 42.1.d) do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Artigo 5. Censos electorais

Os censos electorais, que deberán ser elaborados por cada consello regulador para o seu uso no proceso electoral, axustaranse ao modelo que figura no anexo II, e serán os seguintes:

a) Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, con excepción daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa.

O censo B subdividirase, pola súa vez, en dous subcensos, en función da produción de viño cualificado e contraetiquetado como media nos últimos tres anos naturais (2014, 2015 e 2016). Os ditos subcensos serán:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual a 30.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 30.000 litros.

Para as adegas de recente creación, se nalgún deses anos non tiveron actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos nos que houbo actividade.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño; así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan directa ou indirectamente a sociedades cooperativas da denominación.

b) Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, con excepción daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño. Pola súa vez, este censo dividirase en dous subcensos en función do tamaño das explotacións vitícolas:

– Subcenso A1: en que se incluirán os titulares de explotacións con superficie igual ou menor a 2 ha.

– Subcenso A2: formado polos titulares de explotacións vitícolas con superficie superior a 2 ha.

Pola súa vez, os vogais de cada un destes subcensos repartiranse por subzonas de produción de acordo co que se recolle no anexo III.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa. Este censo subdividirase, pola súa vez, en función da produción cualificada nos tres últimos anos segundo os criterios establecidos para o caso da D.O. Monterrei, de acordo cos seguintes límites:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual a 100.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 100.000 litros. Pola súa vez, este subcenso dividirase en función das subzonas de elaboración de acordo co que se recolle no anexo III.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño; así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan directa ou indirectamente a sociedades cooperativas da denominación.

c) Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas. Este censo, pola súa vez, dividirase en función da produción de uva entregada ás adegas da denominación de orixe nos últimos tres anos (2014, 2015 e 2016) do seguinte xeito:

– Subcenso A1: viticultores que están de alta no consello regulador pero non comercializaron uva ás adegas da denominación nos anos de referencia.

– Subcenso A2: viticultores que entregaron uva a adegas da denominación nalgún dos anos de referencia e que non están incluídos no censo A3.

– Subcenso A3: agrupará os viticultores que teñan máis superficie de viñedo inscrita no Rexistro de Viñas do Consello Regulador ata acumular 400 ha.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros do consello regulador. Este censo subdividirase en tres subcensos en función dos quilos de uva vinificados nos últimos tres anos, calculada a media como nos casos anteriores e de acordo cos seguintes valores:

– Subcenso B1: adegas que vinificaron menos quilos e que, polo tanto, non lles corresponde estar nos subcensos B2 nin B3.

– Subcenso B2: adegas que vinificaron menos uva que as do subcenso B3 e que acumulan ata o 14 % da uva procesada da denominación de orixe.

– Subcenso B3: agrupa ao conxunto de adegas que no período de referencia vinificaron máis quilos de uva, ata acumular o 65 % da uva vinificada da denominación de orixe.

d) Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, coas excepcións daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño, así como daqueles viticultores que, por ter adega de colleiteiro, estean no censo D.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa, e das adegas de colleiteiro. Este censo dividirase en función da produción media dos últimos tres anos, de acordo cos criterios antes establecidos, do seguinte xeito:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual de 400.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 400.000 litros.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño; así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan directa ou indirectamente a sociedades cooperativas da denominación.

Censo D. Sector colleiteiro: constituído polos titulares de adegas de colleiteiro, segundo o establecido no artigo 17.1 do regulamento desta denominación de orixe e do seu consello regulador. Os inscritos neste censo non poderán estar inscritos en ningún outro censo.

e) Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, con excepción daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa. Este censo subdividirase do seguinte xeito:

– Subcenso B1: adegas ás cales non lles corresponde estar no subcenso B2.

– Subcenso B2: adegas que cualificaron no período de referencia (anos 2014, 2015 e 2016) máis de dúas terceiras partes da produción total das variedades preferentes.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño; así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan directa ou indirectamente a sociedades cooperativas da denominación.

f) Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Censo B1: formado polos titulares de instalacións inscritas como produtoras de subprodutos de vinificación.

Censo B2: formado polos titulares de instalacións de destilación.

Censo B3: constituído polos titulares de locais de elaboración e envasado.

g) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de industrias elaboradoras de queixo inscritas no rexistro correspondente do consello regulador. Este censo subdivídese en 2 subcensos, en función da produción de queixo certificado e contraetiquetado como media nos 3 últimos anos naturais (2014, 2015 e 2016). Para as industrias de recente creación, se nalgún deses anos non tiveron actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade. Os subcensos serán os seguintes:

– Subcenso B1: industrias cunha produción menor ou igual de 300.000 kg anuais.

– Subcenso B2: industrias cunha produción maior de 300.000 kg anuais.

h) Consello Regulador da Denominación de Orixe protexida Queixo Tetilla.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de industrias elaboradoras de queixo inscritas nos rexistros do consello regulador.

i) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de industrias elaboradoras de queixo inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

j) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de industrias elaboradoras de queixo inscritas no rexistro correspondente do consello regulador.

k) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores e Plantacións.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Almacéns e Plantas Envasadoras.

l) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

Censo A. Sector produtor: configurado cos titulares de parcelas de cultivo inscritas no Rexistro de Plantacións.

Censo B. Sector industrial: formado polos titulares de instalacións de almacenaxe e envasado inscritas nos rexistros do consello regulador.

m) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Explotacións do Consello Regulador. Subdivídese en tres subcensos en función do número medio de colmeas dos tres últimos anos (2014, 2015 e 2016):

– Subcenso A1: explotacións cun número de colmeas igual ou inferior a 150.

– Subcenso A2; explotacións cun número de colmeas maior de 150 e menor ou igual a 400.

– Subcenso A3: explotacións cun número de colmeas maior de 400.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Instalacións de Extracción, Almacenamento e/ou Envasado do Consello Regulador.

Este censo subdivídese en dous subcensos, en función da produción de mel certificado e contraetiquetado como media nos tres últimos anos naturais (2014, 2015 e 2016). Para as instalacións de recente creación, se nalgún deses anos non tiveron actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade. Estes subcensos son:

– Subcenso B1: instalacións cunha produción menor ou igual a 50.000 kg anuais.

– Subcenso B2: instalacións cunha produción maior de 50.000 kg anuais.

n) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.

Censo único (B): constituído polos titulares de fornos elaboradores inscritos no Rexistro do Consello Regulador.

ñ) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Plantacións.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Almacéns e Plantas de Envasado.

o) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

– Sector produtor:

Censo A: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores e Plantacións.

– Sector industrial:

Censo B1: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Operadores-Comercializadores e Almacenistas en Fresco.

Censo B2: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Instalacións de Procesamento.

p) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores e Plantacións.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Operadores-Comercializadores e Almacenistas en Fresco e polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Instalacións de Procesamento.

q) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago.

Censo único (B): constituído polos titulares de obradoiros inscritos no Rexistro do Consello Regulador.

r) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto.

Censo único (A+B): constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores e Plantacións e polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Almacéns e Plantas Envasadoras.

s) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Arnoia.

Censo único (A+B): constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores e Plantacións e polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Almacéns e Plantas Envasadoras.

t) Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

– Sector produtor:

Censo A1: constituído polos titulares de explotacións agrícolas inscritas no Rexistro de Empresas Agrarias de Produción Vexetal. Neste censo inclúense tamén os recolectores de algas.

Censo A2: conformado cos titulares de explotacións gandeiras inscritas no Rexistro de Empresas Agrarias de Produción Animal, incluídas as explotacións de acuicultura.

– Sector industrial:

Constituído polos inscritos no Rexistro de Operadores Titulares de Industrias Elaboradoras e/ou Envasadoras.

Este censo divídese en tres subcensos, en función do volume de negocio anual declarado como media nos tres últimos anos naturais (2014, 2015 e 2016) perante o consello regulador. Para as industrias de recente creación, se non tiveron actividade nalgún dos anos de referencia, calcularase o valor tendo en conta só o ano ou os anos de actividade. Os subcensos son os seguintes:

• Subcenso B1: industrias cunha facturación anual de produtos controlados polo Craega igual ou inferior a 50.000 euros anuais.

• Subcenso B2: industrias cunha facturación declarada igual ou inferior a 300.000 euros anuais e superior a 50.000 euros.

• Subcenso B3: industrias cunha facturación declarada superior a 300.000 euros.

– Sector comercializador:

Censo D: constituído polos inscritos no Rexistro de Operadores Titulares de Empresas Importadoras e/ou Comercializadoras.

Artigo 6. Normas para a confección dos censos

1. A data límite para pechar a confección do censo será a de publicación desta orde de convocatoria, polo que os inscritos con posteridade á dita data non se incluirán nos censos.

2. Nos censos descritos no artigo 5 anterior figurarán exclusivamente os titulares inscritos e con actividade nos rexistros correspondentes do consello regulador. De acordo con isto, con carácter xeral, incluiranse exclusivamente os titulares que tiveron actividade nalgunha das tres últimas campañas.

No caso dos inscritos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, nos censos figurarán aqueles operadores que teñan o certificado de conformidade de acordo coa norma UNE-EN-ISO 17065 en vigor na data de peche do censo. Ademais, os inscritos con alta anterior ao 1 de xaneiro de 2017 deberán ter actividade durante o ano 2016, mentres que os inscritos con alta posterior a esa data poderán figurar nos censos aínda que non tivesen actividade. Con carácter xeral, entenderase que tiveron actividade os produtores e industrias que demostren facturación de produtos ecolóxicos ou, no caso de comercializadores ou de industrias que traballen á maquía ou exerzan de intermediarios, que demostren ter fluxo de produto ecolóxico.

Nas denominacións que teñan establecidas cotas periódicas para o mantemento da inscrición, poderase considerar que tiveron actividade aqueles operadores que, aínda que non producisen ou elaborasen produtos que poida amparar ou amparados pola denominación, teñan pagadas as cotas correspondentes.

3. Como excepción ao recollido con carácter xeral para todos os consellos reguladores no punto 2 anterior, e sen prexuízo do indicado nel para o caso particular do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, poderán figurar no censo:

– En xeral, os inscritos que, por seren de recente alta, non tiveron aínda actividade.

– No caso das denominacións de orixe vitivinícolas, os viticultores que non entregaron uva en ningunha das tres últimas campañas debido a teren sometidas as súas plantacións a procesos de reconversión e reestruturación.

– No caso dos inscritos nos rexistros de produtores dos subsectores agrícola e gandeiro do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia que, por se encontraren as súas explotacións no período de conversión indicado polo consello regulador, aínda non puidesen ter actividade económica dentro da denominación. Incluiranse neste suposto aquelas explotacións que finalizasen o período de conversión despois do 1 de xullo de 2016.

4. Dentro do sector produtor vitícola, unha mesma persoa física ou xurídica só poderá figurar nun censo ou subcenso. No caso de que un titular teña a súa explotación en parte adherida a cooperativa e en parte non, ou que unha parte estea nunha subzona e outra parte noutra, deberá figurar en censo ou subcenso en que teña a maior parte da superficie inscrita.

Artigo 7. Exposición de censos

1. Cada consello regulador, unha vez elaborados os censos, expoñeraos na súa sede e remitiraos aos lugares seguintes, para a súa exposición:

– Á sede dos servizos centrais da Consellería do Medio Rural, onde se exporán a totalidade dos censos.

– Ás xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, onde se exporán, cando menos, os censos correspondentes aos inscritos na provincia.

– Ás oficinas agrarias comarcais, onde se exporán, cando menos, os censos correspondentes aos inscritos do seu ámbito xeográfico.

2. Os censos serán expostos nos lugares sinalados no punto 1 anterior entre os días 3 de maio de 2017 e 12 de maio de 2017 (ambos os dous inclusive), de acordo co calendario electoral do anexo I.

3. Durante o citado período de exposición os interesados poderán formular reclamacións ante o correspondente consello regulador, quen deberá resolvelas con data límite do día 19 de maio de 2017.

4. Contra as ditas resolucións os interesados, con data límite do 24 de maio de 2017, poderán formular recurso ante a Xunta Electoral, a cal resolverá como máis tarde o día 31 de maio de 2017. Esta resolución será notificada tanto ao interesado como ao consello regulador. No caso do consello regulador, a notificación realizarase á conta de correo electrónico autorizada para o efecto.

5. Unha vez resoltas as reclamacións e recursos presentados, procederase á exposición dos censos definitivos nos mesmos lugares que no caso dos provisionais, de acordo co establecido no calendario electoral do anexo I.

Artigo 8. Candidaturas

1. A partir do día 22 de maio de 2017, e ata o 2 de xuño de 2017, ambos inclusive, poderán presentarse candidaturas ante o consello regulador, de acordo cos artigos 49 e 50 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

2. Para os censos de produtores primarios (censos A) as candidaturas poderán ser presentadas polas organizacións profesionais agrarias, entendidas estas como as organizacións representativas dos operadores do sector agrario legalmente constituídas de acordo coa Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, ou de acordo coa Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e as asociacións profesionais, entendidas estas como calquera asociación en que participen os produtores agrarios inscritos no correspondente consello regulador legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, ou de acordo coa Lei 12/1991, do 29 de abril, de agrupacións de interese económico. Ningunha destas asociacións precisará da presentación de avais.

Así mesmo, poderán ser presentadas candidaturas independentes, en que o promotor non é unha persoa xurídica, ás cales se lles exixirá vir avaladas, como mínimo, por un 10 % dos inscritos no censo ou subcenso a que concorran.

3. Para o caso dos censos de actividades industriais (elaboración e comercialización, censos B e D), as candidaturas poderán ser presentadas por asociacións profesionais, entendidas estas como as legalmente constituídas de acordo coa Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical; de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, ou de acordo coa Lei 12/1991, do 29 de abril, de agrupacións de interese económico. Ningunha destas asociacións precisará da presentación de avais.

Tamén poderán presentarse candidaturas independentes, co aval do 10 % dos inscritos no censo ou subcenso a que concorran.

4. Para os censos específicos do sector cooperativo poderán presentar candidaturas as cooperativas inscritas neles e as asociacións ou cooperativas de segundo ou ulterior grao en que se integren, sen que sexa necesario a presentación de avais.

Tamén poderán presentarse candidaturas independentes, co aval do 10 % dos inscritos no censo ou subcenso a que concorran.

5. No caso particular do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia, as listas presentadas respectarán as porcentaxes de representación máxima para as subzonas que se recollen no seu regulamento. Estas porcentaxes máximas tamén se terán en conta no momento da proclamación dos vogais co fin de que a configuración do pleno electo respecte as ditas limitacións.

6. O día 9 de xuño de 2017, cada consello regulador realizará a proclamación provisional de candidaturas e a súa exposición pública na súa sede e fará a comunicación á Xunta Electoral.

7. No caso de que non fose proclamada ningunha candidatura, no prazo dos cinco días naturais seguintes poderán presentarse reclamacións ou a documentación complementaria precisa ante o consello regulador, que resolverá nos cinco días naturais seguintes.

8. Contra estas resolucións poderá interporse recurso perante a Xunta Electoral no prazo de dous días naturais. A Xunta Electoral resolverá nos cinco días naturais seguintes e procederá á proclamación definitiva dos candidatos.

9. Unha vez proclamadas as candidaturas pola Xunta Electoral, se a totalidade das correspondentes a un censo ou subcenso chegan a un acordo na repartición das vogalías, darase por concluído o proceso electoral para ese censo ou subcenso, e os candidatos propostos serán proclamados vogais pola Xunta Electoral. O dito acordo deberá ser presentado perante a Xunta Electoral como máis tarde o 28 de xuño de 2017, e virá subscrito polos representantes de cada candidatura.

Artigo 9. Vogais que se elixirán

1. O número de vogais que se elixirán por cada censo e subcenso de cada consello regulador é o que figura no anexo III desta orde.

2. A distribución efectúase tendo en conta o establecido nos regulamentos dos consellos reguladores convocados a eleccións e atendendo ás propostas dos respectivos plenos e a criterios de representatividade económica e social, de conformidade co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Artigo 10. Designación dos membros das mesas electorais

Unha vez realizada a proclamación provisional de candidatos e candidatas, os consellos reguladores iniciarán o sorteo para a designación das persoas que compoñerán as mesas electorais, tanto titulares como suplentes, e seguidamente notificarállelo ás persoas interesadas. Estas disporán dun prazo de seis días naturais para alegar ante o consello regulador os posibles motivos que consideren que lles impiden aceptar o cargo.

Os consellos reguladores resolverán sen ulterior recurso sobre as alegacións presentadas, e, de resultar necesario, realizarán novos sorteos para cubrir as vacantes daquelas persoas a quen se aceptaron as escusas.

Artigo 11. Credenciais de persoas interventoras e apoderadas

De conformidade co establecido nos artigos 54 e 55 do Decreto 4/2007, ata o terceiro día anterior ao da votación, a persoa representante de cada candidatura poderá solicitar ante o consello regulador as credenciais de nomeamento de interventores/as e apoderados/as, utilizando para iso os modelos que figuran nos anexos IV e V respectivamente.

Artigo 12. Voto por correo

De acordo co establecido no artigo 53 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, as persoas electoras poderán emitir o seu voto por correo mediante solicitude cursada perante a secretaría do consello regulador. A dita solicitude poderá realizarse a partir da data de exposición de censos definitivos e ata o décimo día anterior á data das eleccións.

Artigo 13. Votación, escrutinio, proclamación de vogais electos e constitución dos plenos

1. O/a presidente/a e os/as vogais de cada mesa electoral reuniranse ás nove horas do día 9 de xullo de 2017 no local designado para a votación. Durante a primeira media hora recibirán as credenciais das persoas interventoras que se presenten, comparándoas coa copia que estará en poder da mesa, e daranlles, se é o caso, posesión do cargo.

2. Ás 9.30 horas a presidencia redactará a acta de constitución da mesa, que asinará xunto cos/coas vogais, ademais das persoas interventoras, se as houber, e ás 10.00 horas comezará a votación, que continuará sen interrupción ata as 17.00 horas.

3. Rematada a votación, a presidencia da mesa declarará cerrada esta e comezará o escrutinio, e realizaranse todas as operacións sinaladas no artigo 58 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

4. Segundo o establecido no artigo 59 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, cada mesa procederá á elaboración da documentación electoral, que será remitida á Xunta Electoral e ao consello regulador correspondente no prazo das 24 horas seguintes.

5. No segundo día posterior ao da votación, a Xunta Electoral procederá á proclamación dos/das vogais electos/as. Para a asignación de vogalías, de acordo co establecido no citado decreto, aplicarase o sistema proporcional directo. Como anexo VI xuntarase unha explicación da repartición de vogalías segundo este sistema, cun exemplo práctico.

6. Contra a dita proclamación as persoas interesadas poderán presentar recurso no prazo de tres días naturais ante a conselleira do Medio Rural, a cal os resolverá no prazo de cinco días naturais. A presentación do recurso deberá ser comunicada á Xunta Electoral dentro dese prazo, presentando copia del na súa sede.

7. Entre os días 17 e 18 de xullo constituiranse os plenos dos consellos reguladores, nos que tomarán posesión os/as vogais electos/as e se proporán as persoas candidatas á presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias.

Disposición adicional única. Prórroga do mandato dos consellos reguladores das indicacións xeográficas Lacón Gallego e Ternera Gallega

1. Prorrógase o mandato dos órganos de goberno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Lacón Gallego. A dita prórroga estenderase ata o día da toma de posesión dos/das novos/as vogais elixidos/as logo da convocatoria electoral correspondente e terá, en todo caso, unha duración máxima de dous anos.

2. Prorrógase o mandato dos órganos de goberno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. A dita prórroga estenderase ata a extinción deste consello regulador e terá, en todo caso, unha duración máxima dun ano.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar cantas instrucións sexan precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I
Calendario electoral

Día (*)

Fase do proceso electoral

5.4.2017

Me

Data do comezo do proceso electoral

11.4.2017

Ma

Fin do prazo de presentación de candidatos á Xunta Electoral

19.4.2017

Me

Designación dos membros da Xunta Electoral

21.4.2017

Ve

Fin do prazo de presentación de recursos ante a conselleira do Medio Rural contra a designación dos membros da Xunta Electoral

26.4.2017

Me

Resolución pola conselleira do Medio Rural dos recursos presentados contra a designación dos membros da Xunta Electoral

28.4.2017

Ve

Constitución da Xunta Electoral. Aprobación dos censos provisionais polos plenos dos consellos reguladores

3.5.2017

Me

Inicio da exposición dos censos provisionais e do prazo para reclamacións sobre estes

12.5.2017

Ve

Último día de prazo para a presentación de reclamacións sobre os censos perante os consellos reguladores correspondentes

19.5.2017

Ve

Data límite para a resolución das reclamacións sobre os censos polos plenos dos consellos reguladores

22.5.2017

Lu

Inicio do prazo de presentación de candidaturas

24.5.2017

Me

Fin do prazo de presentación de recursos sobre os censos ante a Xunta Electoral

31.5.2017

Me

Data límite para a resolución dos recursos sobre os censos pola Xunta Electoral

2.6.2017

Ve

Exposición dos censos definitivos

2.6.2017

Ve

Fin do prazo de presentación de candidaturas ante os consellos reguladores

9.6.2017

Ve

Proclamación provisional de candidaturas polos plenos dos consellos reguladores e exposición pública. Primeiro sorteo para a designación dos membros das mesas

14.6.2017

Me

Fin do prazo de presentación de reclamacións sobre a proclamación de candidatos ante os consellos reguladores

19.6.2017

Lu

Data límite para a resolución das reclamacións polos plenos dos consellos reguladores

21.6.2017

Me

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos ante a Xunta Electoral

26.6.2017

Lu

Data límite para a resolución dos recursos anteriores pola Xunta Electoral e proclamación definitiva dos candidatos

28.6.2017

Me

Fin do prazo de presentación de acordos electorais polas candidaturas

29.6.2017

Xo

Comezo da campaña electoral

7.7.2017

Ve

Fin da campaña electoral

9.7.2017

Do

Constitución das mesas electorais e votación

11.7.2017

Ma

Proclamación de vogais electos pola Xunta Electoral

14.7.2017

Ve

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de vogais electos

19.7.2017

Me

Data límite para a resolución dos recursos sobre a proclamación de vogais electos

17.7.2017 a 28.7.2017

Lu

Ve

Toma de posesión dos vogais electos. Pleno constitutivo e proposta de persoas candidatas para ocupar a presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias

(*) Nas fases que comprenden varios días, refírese ao último día do prazo, rematando este ás 14.00 horas dese día para os efectos de presentación de escritos, reclamacións, recursos e outra documentación.

ANEXO II
Modelo de impreso para presentación dos censos

Consello regulador ____________________ eleccións 2017

Censo ................................................ Folla nº ...............

Subcenso ....................

Número

Apelidos e nome ou razón social

DNI/NIF

Enderezo

Sección

electoral

Observacións

Rúa ou lugar

Parroquia

Concello

O/a secretario/a do Consello Regulador da .......................................

Conforme

O/a presidente/a

ANEXO III
Composición do consello regulador

Número de vogais.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

B1

≤ 30.000 l

B2

> 30.000 l

Denominación de orixe

Monterrei

3

1

2

1

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

A1

≤ 2 ha

A2

> 2 ha

B1

≤ 100.000 l

B2

> 100.000 l

Denominación de orixe

Rías Baixas

5*

4**

2

7***

4

* Estes 5 vogais elixiranse do seguinte xeito: 3 polos viticultores das subzonas do Salnés e Ribeira do Ulla, 1 polos das subzonas do Condado e Soutomaior e 1 polos da subzona do Rosal.

** Estes 4 vogais elixiranse do seguinte xeito: 2 polos viticultores do Salnés e Ribeira do Ulla, 1 polos das subzonas do Condado e Soutomaior e 1 polos da subzona do Rosal.

*** Estes 7 vogais elixiranse do seguinte xeito: 3 polas adegas das subzonas do Salnés e Ribeira do Ulla, 2 polas das subzonas do Condado e Soutomaior e 2 polas da subzona do Rosal.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

A1

Non comerc.

A2

Menor sup.

A3

Maior sup.

B1

Adegas menores

B2

Adegas intermedias

B3

Adegas maiores

Denominación de orixe

Ribeira Sacra

1

3

2

2

1

3

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

Sector colleiteiro

Censo D

B1

≤ 400.000 l

B2

> 400.000 l

Denominación de orixe

Ribeiro

3

1

2

3

1

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

B1

Resto adegas

B2

Adegas maior volume variedades pref.

Denominación de orixe Valdeorras

3

1

2

3

Produtores subprodutos vinificación

Censo B1

Instalacións de destilación

Censo B2

Instalacións de elaboración e envasado

Censo B3

Indicacións xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

2

3

5

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

B1≤300.000 kg

B2>300.000 kg

Denominación de orixe

protexida Arzúa-Ulloa

3

3

3

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Denominación de orixe protexida Queixo Tetilla

3

5

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Denominación de orixe protexida San Simón da Costa

2

5

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Denominación de orixe protexida Cebreiro

1

2

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Denominación de orixe protexida Pemento de Herbón

3

3

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia

6*

6*

* Ningunha subzona poderá ter máis do 70 % de representación, tanto no caso do sector produtor como no do sector industrial.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

A1

nº colmeas

≤150

A2

nº colmeas

150<n<400

A3

nº colmeas

> 400

B1

≤ 50.000 kg

B2

> 50.000 kg

Indicación xeográfica protexida Mel de Galicia

1

1

2

3

2

Elaboradores

Censo único (B)

Indicación xeográfica protexida Pan de Cea

4

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá

3

3

Produtores

Censo A

Comercializadores en fresco

Censo B1

Instalacións de procesamento

Censo B2

Indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia

6

3

3

Produtores

Censo A

Sector industrial

Censo B

Indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia

3

3

Elaboradores

Censo único (B)

Indicación xeográfica protexida

Tarta de Santiago

5

Sectores produtor e industrial (A+B)

Censo único

Indicación xeográfica protexida Pemento do Couto

5

Sectores produtor e industrial (A+B)

Censo único

Indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia

5

Sector produtor

Sector industrial

Sector comercializador

Expl. agrícolas

Censo A1

Expl.

gandeiras

Censo A2

<50.000 euros

Censo B1

50.000 euros a 300.000

Censo B2

>300.000

Censo B3

Censo D

Agricultura Ecolóxica de Galicia

3

3

1

2

3

1

ANEXO IV
Eleccións ao consello regulador

..............................................................................2017

Asunto: CREDENCIAL DE NOMEAMENTO DE INTERVENTOR/A

DATA:

DATOS DA PERSOA PROPOSTA

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

REPRESENTANTE DA CANDIDATURA PRESENTADA POR .........................................................................................................................................

Conforme o disposto no artigo 54 do Decreto 4/2007, nomea interventor/a a persoa arriba indicada.

O/a representante

ANEXO V
Eleccións ao consello regulador

..............................................................................2017

Asunto: CREDENCIAL DE NOMEAMENTO DE APODERADO/A

DATA:

DATOS DA PERSOA PROPOSTA

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

REPRESENTANTE DA CANDIDATURA PRESENTADA POR ...........................................................................................................................................

Conforme o disposto no artigo 55 do Decreto 4/2007, nomea apoderado/a á persoa arriba indicada.

O/a representante

ANEXO VI
Asignación de vogalías polo sistema proporcional directo

O sistema proporcional directo atribúe as vogalías segundo a mecánica que a seguir se detalla:

Divídense os votos de cada candidatura entre un número que se obtén, pola súa vez, de dividir o número de votos válidos totais obtidos polas distintas candidaturas entre o número de vogais que se elixen. Os resultados das divisións darán un valor para cada candidatura. A parte enteira do valor resultante será o número de vogais. Se aínda queda algún vogal por asignar, este será para a candidatura que teña un valor máis alto da parte decimal e, se queda algún vogal máis, para a seguinte que teña a parte decimal máis alta, e así sucesivamente. O seguinte exemplo ilustra o procedemento que hai que aplicar:

Censo: 5.000 electores.

Vogais que se elixen: 7.

Repartición de votos entre as distintas candidaturas:

A: 1.500.

B: 1.000.

C: 700.

D: 600.

E: 200.

Votos válidos obtidos polas distintas candidaturas: 4.000.

4.000/7 = 571,428

1.500/571,428 = 2,62 A obtén 2+1 = 3 vogais

1.00/571,428 = 1,75 B obtén 1+1 = 2 vogais

700/571,428 = 1,22 C obtén 1 vogal

600/571,428 = 1,05 D obtén 1 vogal

200 /571,428 = 0,35 E obtén 0 vogais