Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 22 de marzo de 2017 polo que se notifica o requirimento de documentación xustificativa relativa a un expediente de subvención.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento da documentación xustificativa establecida na Resolución do 18 de marzo.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A interesada poderá comparecer para o coñecemento íntegro do acto nas dependencias da Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial da Axencia Turismo de Galicia (A Barcia, estrada Santiago-Noia, km. 3, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o dito prazo sen efectuarse esta, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: TU970A 2016/47-4.

Interesada: Iria Maquieira Vidal.

Establecemento: O Rincón dos Barcos, S.L.

Acto notificado: requirimento de documentación xustificativa de subvención.