De conformidade co disposto nos artigos 44 y 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase e outórgase audiencia ao titular do establecemento que se menciona no anexo, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.
Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.
O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, e examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.
Pontevedra, 22 de marzo de 2017
María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: Nuevo Parque Vigo.
Signatura: V-PO-003901.
Razón social: New Park Vigo, S.A.
Enderezo: Urzáiz, 28.
Concello: Vigo.