Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16137

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de marzo de 2017 pola que se clasifica de interese para a investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico no ámbito sanitario a Fundación Hifas.

Advertido un erro na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 14664, no punto tres dos feitos, onde di: «A Fundación, segundo consta no artigo 7 dos seus estatutos, ten por obxecto o estudo, potenciación e divulgación da aplicación dos fungos, a micoloxía e outros ámbitos de coñecemento tecnolóxico á saúde humana e animal, á alimentación funcional e á mellora ambiental», debe dicir: «A Fundación, segundo consta no artigo 7 dos seus estatutos, ten por obxecto o estudo, potenciación e divulgación da aplicación dos fungos, a micoloxía e outros ámbitos de coñecemento biotecnolóxico á saúde humana e animal, á alimentación funcional e á mellora ambiental, e o fomento da micoterapia e outras terapias complementarias cara a un enfoque médico integrativo».