1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/PA/0023.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento de sistemas de información de soporte á xestión das áreas de prestacións, discapacidade e dependencia do eido da política social
b) División por lotes e número:
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contado a partir do 1.10.2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 661.157,02 €, máis 138.842,97 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 799.999,99 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:
• 2017: 82.644,63 € + IVE (17.355,37 € ) = 100.000,00 €.
• 2018: 330.578,51 € + IVE (69.421,49 € ) = 400.000,00 €.
• 2019: 247.933,88 € + IVE (52.066,11 € ) = 299.999,99 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=142611
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase na alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 9.5.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 30.3.2017.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia