Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de marzo de 2017, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse as persoas interesadas no proceso de segunda adxudicación de Ferrol que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de marzo de 2017

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoas interesadas

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

Amparo Campos Medina

...080D

Trámite de audiencia

José Luis Palacios Rojas

...198F

Trámite de audiencia

Rina do Nascemento Jiménez

...069N

Trámite de audiencia

Dolores Acebedo Rubianes

...882V

Trámite de audiencia