Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017 pola que se anuncia a formalización do contrato mixto de subministración da licenza dos produtos software da plataforma de desenvolvemento e execución AMT-LION.NET, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2017-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto, subministracións.

b) Descrición do obxecto: contrato mixto de subministración da licenza dos produtos software da plataforma de desenvolvemento e execución AMT-LION.NET, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 48218000-9.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: sen publicidade.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 174.637,33 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 174.637,33 €. Importe total: 211.311,17 €, distribuídos nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 191.764,89 €.

Exercicio 2018: 19.546,28 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3.3.2017.

b) Data de formalización do contrato: 13.3.2017.

c) Contratista: Asysco Software Spain, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 174.637,33 €. Importe total: 211.311,17 €, distribuídos nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 191.764,89 €.

Exercicio 2018: 19.546,28 €.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable