Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 23 de marzo de 2017, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/129/2016 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n, Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de marzo de 2017

María Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/129/2016.

Interesada: Ocasión Car, S.L.

CIF/NIF: B27456771.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/149/2016.

Interesada: Veigue Gestión, S.L.

CIF/NIF: B70374822.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/150/2016.

Interesada: Firmagas, S.L.

CIF/NIF: B70407663.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.