Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0280/2016-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0280/2016-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 21 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-FE-0280/2016-PPM.

Persoa interesada: Sinaí Montoya Salazar.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Cedeira, ptl. 5, baixo dta., Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0284/2016-PPM.

Persoa interesada: Eliseo Suárez Gabarres.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Pazos, Serantes, 48, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0313/2016-PPM.

Persoa interesada: José Luis Salazar Suárez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Fernando VI, bl. 1, ptl. 2, 4º B, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0281/2016-PPM.

Persoa interesada: Manuel Souto Rivera.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Latedo, 1, Neda.